Resultados do fin de semana categorías inferiores do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O filial clasificouse para as semifinais da Copa de 3ª División tras empatar a tres no partido de volta dos cuartos de final, facendo valer a vitoria do partido de ida en Villalba. O filial encaixou o primeiro gol en apenas 15 segundos tras un disparo desde media cancha. Por baixo no marcador, foron claros dominadores do balón, con ocasións pero sen fortuna de cara ao gol. Gabi logrou empatar mediada a primeira parte tras un roubo, pero o Villalba volvería adiantarse antes do descanso tras un disparo desde os 10 metros.

Tras o descanso, Gianzo volveu empatar o partido, que continuou coa mesma tónica, o Villalba sen apenas ocasións e o filial coa posesión pero sen éxito na finalización. Fidel adiantou aos santiagueses a 7 minutos do final, pero volvería chegar o empate dous minutos despois. Villalba arriscou os últimos 4 minutos co porteiro-xogador sen apenas perigo.

Así, a Fase Final da Copa disputarase este fin de semana en Pontevedra onde as semifinais disputaranse o sábado entre Santiago Futsal e Burela FS (17,30h) e entre A Pontenova e Leis Pontevedra (20h). A final será o domingo ás 12h.

Tamén o domingo celebrarase no Municipal de Pontevedra a gran final da Copa Xuvenil Nacional, na que onte se clasificou o equipo Xuvenil Nacional tras vencer na prórroga ao Burela por 7-4. A final será contra Azkar Lugo a partir das 10h.

Copa 3ª División

Volta Cuartos de final

Santiago Futsal B 3-3 Vilalba FS

Copa Xuvenil Nacional

Volta Semifinais

Santiago Futsal B 7-4 Burela FS

Amigables

Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín B 2-0 Noia

Santiago Futsal IES Fontiñas Benxamín B 7-2 Noia

Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenxamín 2º 1-2 Noia

Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenjamín 1º 3-7 Noia


3 de xuño de 2014 | 14:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.