Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo xuvenil clasificouse para a final da Copa da liga nacional tras superar nas semifinais ao IES Coruxo. Os lucenses, que xa superaran no partido de ida aos vigueses (2-5), liquidaron con nota a súa clasificación e así no partido de volta os azuis venceron ao seu rival con comodidade por 7 goles a 1. Deste xeito o Azkar Lugo alcanza a gran final tras un partido de volta cómodo e no que os pronistas non permitiron sobresaltos, pese a chegar mandando pola mínima ao descanso. No segundo periodo os de Ángel Pérez sentenciaron moi pronto con catro goles en catro minutos.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 7: Yago Balsa, Areñas, Álex, Costoya e Álex Diz , -cinco inicial-, Álvaro, Porto, Adri, Rubén Mouriz, Chuki e Brais.
IES Coruxo 1: Ramón, Diego, Carlos, Jeremy e Javier, -cinco inicial-, Pablo, Miguel, Juan, Gonzalo e Samuel.
Árbitros: Darriba Villamor e Franco Veiga (Lugo).
Incidencias: partido de volta das semifinais da Copa da liga nacional xuvenil. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Goles: 1-0 min. 3 Costoya, 2-0 min. 10 Álex Diz, 2-1 min. 14 Juan, 3-1 min. 25 Costoya, 4-1 min. 28 Álex Diz, 5-1 min. 20 Álvaro, 6-1 min. 29 Chuki e 7-1 min. 34 Costoya.

O Azkar Lugo xuvenil disputará a final desta Copa da liga nacional este domingo a partir das 10:00 horas no Pavillón Municipal de Pontevedra. O seu rival será o Santiago Futsal que eliminou na outra semifinal ao Burela FS.

O cadete cae en Verín na Copa
O Azkar Lugo cadete non puido vencer na segunda xornada da Copa da liga tras caer derrotado en Verín por 5 goles a 3. Os lucenses adiantáronse no marcador, aínda que os ourensáns serían capaces de empatar na primeira parte, uns 25 primeiros minutos sen un claro dominador e que puido acabar con máis goles para ambos equipos. No segundo acto empezaron mellor os lucenses que eran capaces de poñer un 1-3 ao seu favor, pero o Verín non tirou a toalla e logrou poñer en aprietos aos lucenses ata o punto de darlle a volta ao marcador co 4-3 a 12 minutos do pitido final. Na recta final do choque o Azkar buscou a igualada con porteiro-xogador, pero ese gol non chegou e si o da sentenza (5-3) para os locais no último minuto do choque.

Ficha técnica:
EDC Verín 5: Hugo, Iago, Javier, Miguel e José Carlos, -cinco inicial-, Jose Luís, Avelino, Brais, Aarón, Ángel e Domínguez.
Azkar Lugo 3: Carlos, Pablo, Roi, Marcio e David, -cinco inicial-, Adri, Yago, Jesús, Marcos, Pedro e Dani.
Árbitro: Carballos Moreno (Orense).
Incidencias: 2ª xornada da Copa da liga autonómica cadete. Pavillón Municipal de Verín.
Goles: 0-1 min. 3 Pablo, 1-1 min. 12 Iago, 1-2 min. 26 Adri, 1-3 min. 29 Jesús, 2-3 min. 30 Javier, 3-3 min. 35 Miguel, 4-3 min. 38 Miguel e 5-3 min. 50 José Luís.

O Azkar Lugo cadete aprazou o seu partido da terceira xornada da Copa que debería de disputar este próximo fin de semana debido á súa participación no Campionato de España.

O infantil vence con comodidade ao Burela
O Azkar Lugo infantil derrotou na segunda xornada da Copa da liga autonómica ao Burela e fíxoo con solvencia tralo 7-0 final. Os capitalinos saíron a controlar o partido desde o inicio e iso levoulles a dominar e chegar con dous goles de vantaxe ao descanso. No segundo acto o Azkar deu un paso máis para asegurar a vitoria e a súa superioridade acabouse traducindo en goles para sumar os tres primeiros puntos na Copa.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 7: David, Costoya, Borja, Brais e Luís , -cinco inicial-, Noel, Noé, Pablo, Mera, Nacho, Ángel e Vila.
Burela 0: Luismi, Adilson, Domingo, Luca e Álvaro, -cinco inicial-, Rubén, Aitor, Sergio, Lúa, Diego e José Luís.
Árbitro: Castro Bermúdez (Lugo).
Incidencis: 2ª xornada da Copa da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 3 Brais, 2-0 min. 17 Aitor (propia porta), 3-0 min. 28 Mera, 4-0 min. 40 Costoya, 5-0 min. 44 Noel, 6-0 min. 49 Luís e 7-0 min. 50 Nacho.

O Azkar Lugo infantil xoga este sábado a partir das 16:00 horas no Pavillón Municipal O Chanto de Sarria ante o Os Meigallos.

Resto de resultados
O Azkar Prone alevín proclamouse o pasado sábado campión da Copa da liga tras impoñerse na gran final (0-4) ao outro equipo da base do club, o Azkar Fundación. Ambos equipos eliminaran en semifinais aos equipos do CP Casás.

Copa alevín:
Azkar Fundación alevín 2 – CP Casás 0
Azkar Prone alevín 6 – CP Casás B 0
Final: Azkar Fundación 0 – Azkar Prone 4

II Torneo Concello A Fonsagrada:
Este pasado domingo disputouse na localidade lucense de A Fonsagrada o II Torneo de fútbol sala para as categorías alevín e infantil, no que se deron os seguintes resultados:

Categoría alevín:
Azkar Fundación 9 – A Fonsagrada 2
Peña Españolista 3 – Azkar Prone 10
A Fonsagrada 9 – Peña Españolista 3
Azkar Prone 4 – Azkar Fundación 3
A Fonsagrada 0 – Azkar Prone 9
Azkar Fundación alevín 5 – Peña Españolista 1

Clasificación final:
1º clasificado: Azkar Prone
2º clasificado: Azkar Fundación
3º clasificado: A Fonsagrada
4º clasificado: Peña Españolista
Mellor xogador: Nicolás Conde (Azkar Prone)

Categoría infantil:
Azkar Lugo B 0 – Peña Españolista 2
A Fonsagrada 0 – Troula Betanzos 12
Azkar Lugo B 4 – A Fonsagrada 3
Troula Betanzos 10 – Peña Españolista 0
Azkar Lugo B 2 – Troula Betanzos 10
A Fonsagrada 5 – Peña Españolista 3

Clasificación final:
1º clasificado: Troula Betanzos
2º clasificado: A Fonsagrada
3º clasificado: Peña Españolista
4º clasificado: Azkar Lugo B
Mellor xogador: Alejandro Montero (Troula Betanzos)

Próximos partidos

Xoves 5:

Pavillón O Palomar:
20:00 horas: Azkar Fundación benxamín – María Auxiliadora (en caso de vitoria, final de Copa o domingo 08/06 ás 12:30 horas no Centro Deportivo Terra)

Domingo 8:

COPA INFANTIL LOCAL

Centro Deportivo Terra:
10:30 horas: Azkar Lugo infantil B – Cidade de Lugo
13:30 horas: final (en caso de vitoria en semifinais)

Mércores 11:

Casa do Deporte:
18:00 horas: Azkar Lugo cadete – Casás

5 de xuño de 2014 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.