Residencia B, Franciscanos 2007 e SDC Residencia proclámanse campións do XV Torneo de Prebenxamíns Escola Terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Participantes no torneo

Participantes no torneo

Este pasado sábado finalizou o XV Torneo de fútbol sala de prebenxamíns “Escola Terra” que se disputou ao longo dos últimos seis sábados dos meses de maio e xuño e que estivo organizado por Prone Lugo AD e a Escola de fútbol sala Terra e contou coa colaboración da Fundación Azkar, Transportes Azkar, Coca-Cola, ASport21 e o Colexio de Árbitros de Lugo, e o patrocinio do Concello de Lugo, a Xunta de Galicia e a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo.

Este torneo contou coa participación de 38 equipos e máis de 500 nenos/as participantes e como cada ano contou coa presenza de numeroso público, especialmente este pasado sábado coa disputa dos partidos polos postos finais. Trala disputa da última xornada, Residencia B (1ª división), Franciscanos 2007 (2ª división) e SDC Residencia (3ª división) foron os grandes triunfadores ao finalizar como campións das súas categorías.

Para clausurar o Torneo e entregar os diplomas e camisetas conmemorativas a todos os nenos participantes, o pasado sábado acudiron o Xerente de Transportes Azkar en Lugo, Oriol Gonzalvo, así como o xogador do primeiro equipo do Azkar Lugo FS, Antonio Diz.

PRIMEIRA DIVISIÓN
Residencia A 2 – CP Casás 0
SDC Milagrosa 1 – Escuelas Lucenses 1 (Escuelas gaña a penaltis)
SDeC Polvorín 0 – Residencia B 1
Franciscanos 2006 0 – Cervantes Cidade de Lugo 4
Rosalía de Castro 0 – Ferroviaria 4
Residencia D 3 – Sagrado Corazón 0
CP Maristas 3 – Luis Pimentel 0
Azkar Prone 4 – María Auxiliadora 0

SEGUNDA DIVISIÓN
Illa Verde 0 – CP Casás 4
Ferroviaria 1 – Paraday 2
Escuelas Lucenses B 3 – Rosalía de Castro 0
Residencia C 3 – SCD Milagrosa 0
SDeC Polvorín 2 – Escuelas Lucenses A 1
CP Maristas 2 – Azkar Fundación 0
Franciscanos 2007 2 – Salesianos 0

TERCEIRA DIVISIÓN
María Auxiliadora 0 – Escuelas Lucenses 4
Franciscanos 2008 3 – Colegio La Milagrosa 1
Luis Pimentel B 1 – Luis Pimentel A 3
Azkar Terra 0 – SDC Residencia2

18 de xuño de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.