Renovación na directiva dos empresarios de limpeza de Asorel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Concha López

Concha López

Concha López Vázquez resultou elixida por unanimidade para desempeñar o cargo de presidenta da Asociación de Empresas de Limpeza de Edificios e Locais de Ourense, tomando así a substitución a Antonio Fernández Pereira, que estivo á fronte deste colectivo os últimos anos.

Concha López afronta esta nova etapa como un reto persoal co obxectivo de aumentar o número de empresas deste proxecto asociativo que constitúe Asorel, e poder ter así maior representatividade e forza ante os organismos competentes. Unha das primeiras medidas que adoptou para iso é baixar as cotas, nun intento de promover novas afiliacións, fixándoa en 50 euros ao semestre, o que entende que ‘favorecerá a incorporación de máis empresas e asociados para facernos máis fortes’.

Precisamente esa forza á que apela a nova presidenta está encamiñada a loitar contra a competencia desleal e erradicala, así como a defender os intereses das empresas na negociación do convenio colectivo que se negocia en Ourense para os traballadores da provincia.

6 de xuño de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.