Renovación do firme da rúa Irmáns Dapena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Este mércores levaranse a cabo as obras de renovación do firme na rúa Irmáns Dapena.

As obras comezarán a primeira hora da mañá do mércores día 2 de xullo e prolongaranse durante toda o día.

A última hora da tarde do martes día 1 a Policía Local pechará os accesos á citada rúa, para evitar que se estacionen vehículos que impidan comezar as obras no horario previsto.

Tamén quedará prohibido o acceso e saída dos garaxes durante o tempo que duren as obras.

A circulación de automóbiles pola rúa Irmáns Dapena restablecerase a última hora do propio mércores día 2.

30 de xuño de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.