publicidade hoxe

Remata o torneo da Escola Municipal de Tenis de Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+
Finalistas masculinos

Finalistas masculinos

Do 5 ao 30 de maiodisputousenas pistas municipais do Concello de Arzúa o torneo de tenis promovido polaConcellería de Deportes a través das Escolas Deportivas Municipais de Tenis para Adultos. Nel participaron os 25 xogadores e xogadoras que estaban inscritos naescola de tenis do presente curso 2013-2014.

Tras a disputa das primeiras roldas, os xogadores que perderan o seuprimeiro partido pasaban a formar parte duncadro de consolación. Nesta categoría resultougañadora Nuria Pampín, quenderrotouna final a Pilar Taboada. No cadro de consolación masculino o gañadorfoi Ricardo Suárez, que venceu a Juan Carlos Velázquez.

A final do cadro principal feminino enfrontaba as duasprincipais favoritas: Adriana Fernández e Andrea Ausina. O trunfocorrespondeu áprimeira por un dobre 6/1. Foi un partido no que os nervios das dúas xogadoras non deixaron desenvolver o seumellor tenis. Adriana venceu en semifinais a Victoria Moscoso mentres que Andrea facía o propio con Ana Quintás.

A final masculina disputabana Miguel Sánchez (vencedor de Juan Carlos Andrade en semifinais) e Alvaro Andrade (vencedor de Diego Martínez). Foi un longo partido con bonitos e disputados puntos. No primeiro set, Alvaro non estivo moi acertado e perdíao por un claro 6/2.No segundo set, Alvaroconseguiu entrar máis en xogo e con golpes acertados lograba gañalo por 6/3. No último e definitivo, Miguel puido soportarmellor o cansanzo e anotoullo por 6/4, levándose destexeito o torneo.

Unha vez rematadas as finais, procedeuse á entrega dos trofeos paracampións e subcampións.

5 de xuño de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.