Remata o quinto campus de Futsal da Fundación Azkar
O pasado venres concluíu en Vilagarcía de Arousa o 5º Campus Futsal Multideporte que a Fundación Azkar organizou durante cinco días na localidade pontevedresa. Ao longo de toda esa semana os participantes da actividade puideron gozar co deporte, fundamentalmente o fútbol sala, pero tamén con máis actividades de lecer e tempo libre como actividades náuticas así como levar a cabo unha gran convivencia entre estes e os seus monitores, todo iso nunha contorna inigualable como son as instalacións coas que conta o Concello de Vilagarcía.
Ademais na penúltima xornada do Campus dous xogadores do primeiro equipo do Azkar Lugo FS, Antonio Diz e Álex Diz, acudiron ao mesmo para así pasar un día xunto a todos os participantes. Xa na última xornada o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, acudiu para clausurar o Campus e entregar os diplomas acreditativos da participación nesta actividade e poñer o punto final a esta actividade da Fundación Azkar quen comezará a traballar na confección dunha nova edición.











