Propostas lúdico-culturais en Rianxo
Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:
Venres 20 de xuño
20.30 h – Salón de actos do Auditorio de Rianxo
PRESENTACIÓN DO LIBRO: GUÍA PARA O DESCENSO ENERXÉTICO
VENRES 20 DE XUÑO, AUDITORIO DE RIANXO (Salón de Actos):PRESENTACIÓN DO LIBRO: GUÍA PARA O DESCENSO ENERXÉTICO a cargo de Xoan Doldán García (presidente da A.C. Véspera de Nada), Manuel Casado Lodeiro (coordinador da Guía) e Joám Evans Pim (membro da A.C. Véspera de Nada), presentados por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).
Máis de dous anos de pescuda e análise para compilar unha guía que axude a galegas e galegos a nos adaptarmos con urxencia a un contexto totalmente novo e imprevisto, a construír unha Galiza sen petróleo”
Sábado 21 de xuño
21:00 h – Auditorio de Rianxo
SUPERMARKET a cargo de Esther Carrodeguas
SÁBADO 21 DE XUÑO, 20:30 H. AUDITORIO DE RIANXO: TEATRO: SUPERMARKET, de Esther Carrodeguas, baixo a dirección de Xavier Castiñeira. Poesía e comedia, unha tupper-sesión na que Esther -dramaturxia e interpretación- lle ofrece ao público a posibilidade de adquirir os textos do propio espectáculo.
Nas súas palabras: “estes versos frescos abordan temas de plena actualidade nun súper: as rutinas de traballo, o malgasto de comida, os ingredientes dos produtos ou os conservantes que poden chegar a ter, os conflitos coas datas de caducidade e consumo preferente, os tratamentos embelecedores das froitas e verduras… Por suposto dende un enfoque humorístico pero evidentemente crítico e satírico… e con moito amor polo medio”.
Despois de pasar por Vigo, Coruña, Santiago, Ponteareas, Cangas ou Porriño… chega a Rianxo o Supermarket!
AUDITORIO DE RIANXO – SABADO 21 XUÑO – 21H
ENTRADAS DENDE UNHA HORA ANTES POR TAN SÓ 2,99!
Por que brillan tanto as mazás? Que se agocha dentro da nocilla? É mellor limpar con lixivia ou con disiclín? E sobre todo… van os expresidentes do goberno ao supermercado?
SUPER-MARKET ofrece ao espectador 59,99 minutos de poesía e sobre todo: comedia. É por iso que ven definido como Stand Up Poetry: xa que se achega moito ao espectador dende o humor, pero dun xeito poético. Un espectáculo vertebrado arredor da idea dun supermercado no que se venden os textos do propio show, a modo de tupper-sesión. Estes versos frescos abordan temas de plena actualidade nun súper: as rutinas de traballo, o malgasto de comida, os ingredientes dos produtos ou os conservantes que poden chegar a ter, os conflitos coas datas de caducidade e consumo preferente, os tratamentos embelecerdores das froitas e verduras… Por suposto ende un enfoque humorístico pero evidentemente crítico e satírico… e con moito amor polo medio!
SUPER-MARKET nace da necesidade de mesturar as diferentes disciplinas artísticas polas que transita Esther F. Carrodeguas: a escrita poética, o recitado, a interpretación, o clown ou a investigación xornalística (en referencia á alimentación nos supermercados, neste caso). Todo isto cociñado coa man e experiencia do director de teatro Xavier Castiñeira, que consegue que a receita deseñada por Carrodeguas fique no seu punto perfecto de cocción.
… e ademais
os días 20, 21 e 22 terá lugar en Rianxo a VII CONCENTRACIÓN MOTEIRA organizada polo MOTOCLUB JAS A TOPE. No marco do seu programa de actividades, o sábado 21 ás 18.00 horas, no Cuartel Vello; terá lugar a presentación do libro “El RETO DE ELLAN VANIN”, coa presenza de Toni Miranda (Ex-TT Rider) e Abelardo Rendo, co-autor do libro.
os días 21 e 22 DE XUÑO, RÚAS DE RIANXO: FESTA DO SANTÍSIMO SACRAMENTO-CORPUS CHRISTI. A celebración que engalana Rianxo con alfombras florais.
É espectacular pasear a noite previa vendo e participando cos veciños na súa confección.











