Probas de captación das categorías de base do Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén abre o prazo de captación para todos aqueles xogadores que desexen formar parte das súas categorías de base de cara a tempada 2014-2015. A partir de hoxe e ata o luns 30 de xuño, todos aqueles interesados poden poñerse en contacto co club para inscribirse e formar parte dunha das canteiras máis prolíficas do fútbol sala nacional. As probas consistirán en integrar aos xogadores nos adestramentos do equipo da súa categoría para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía de traballo do club. Así, todos aqueles xogadores nados entre os anos 1996 e 2009 poderán probar co CD Burela Pescados Rubén durante as tres próximas semanas. 

NOTAS IMPORTANTES

– O periodo de probas para os xogadores/as inscritos comezará a seguinte semana de realizar a súa inscrición, para unha mellor planificación.
– Non haberá máis de tres xogadores/as que estean realizando as probas de acceso por cada sesión de adestramento.

– En caso de superar os seis xogadores/as en probas por ano de nacemento, crearase unha sesión específica con todos eles.

– Os xogadores/as que realicen as probas, farán un máximo de 2 adestramentos por semana.

– Os sesión serán ás horas dos adestramentos habituais de cada categoría, en caso de ter un número elevado de xogadores/as no período de probas, modificaranse as horas.

Categorías:
– XUVENIL (anos 96-97-98)
– CADETE (anos 99-00)
– INFANTIL (01-02)
– ALEVÍN (03-04)
– BENXAMÍN (05-06)
– PREBENxAMÍN (07-08-09)

Os interesados en facer as probas, poderán realizar as súas inscricións en:
-Teléfono: 982 58 18 15 
-Enviando un e-mail a burelafs@burelafs.org, onde deberán especificar os datos persoais do xogador/a (nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto)
-Oficina do Club situada na Avenida Arcadio Pardiñas, 91, Entresuelo

10 de xuño de 2014 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.