Preséntase o campus do Burela Fútbol Sala
A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén foi presentada hoxe, venres 13, no Salón de plenos do Concello de Burela. Na posta en escena do evento estiveron presentes; o tenente alcalde do Concello de Burela, Manuel Fernández Valle; a concelleira de deportes do Concello de Burela, Beatriz López Piñeiro; o presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego; o director técnico do Campus, Christian Gómez Fustes; Antonio Couto Díez, en representación de Living Sport e Joma; Luís Antonio Guillén, concelleiro de deportes do concello de Cervo e Pablo Villapol, delegado do Xornal Oficial do Campus, A Mariña – El Progreso.
O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén reunirá a técnicos e xogadores de primeiro nivel na vila mariñá durante os días xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo. A apertura para inscribirse comeza o luns 16 de xuño e a data límite será o martes 8 de xullo. A actividade que organiza o CD Burela FS Pescados Rubén terá un número limitado de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas que desexen aprender os segredos deste deporte, baixo o control de monitores/as e auténticos profesionais do fútbol sala.
DATAS
HORA de chegada XOVES Día 10 ás 16:00 horas da tarde, ao IES Monte Castelo de Burela. FINALIZACIÓN DO CAMPUS. Domingo13
IDADES. De 6 a 16 anos
PRAZAS Limitadas a un total de 60 alumnos/as (internos e en réxime externo)











