Preséntase o calendario das Xeiras do IEM 2014
Como xa é tradicional no verán, o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2014 deseñouse unha proposta que convida a coñecer once destinos en sete rutas terrestres e catro marítimas.
Requisitos para asistir ás Xeiras marítimas.
Para asistir a estas catro Rutas marítimas é preciso abonar previamente a viaxe na conta do IEM (2080.5035.07.3040014164, de Novagalicia Banco), coa palabra BARCO e o día (por exemplo “Barco 06/08”) en “Concepto”.
Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída por correo electrónico (oficina@minhor.org), ou teléfono (986360575), en ambos casos deixando un teléfono de contacto. Deberase dar o nome de todos os viaxeiros, e indicar se algún é menor de idade. Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra estas condicións. Prezos: 12 €; Socios do IEM, 10 €. Menores de 12 anos, 10 €. Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.











