Presentación do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén
A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Basee Burela Pescados Rubén preséntase mañá día 13 de xuño no Salón de Plenos do Concello de Burela, a partir das 13.30 horas. O Campus do Burela FS Pescados Rubén é xa unha referencia e un clásico do verán mariñán. O clínic conta co patrocinio do Área de Deportes da Diputación de Lugo, Concello de Burela e Fundación Imdecum, ademais da colaboración do Concello de Cervo, IES Monte Castelo e Distribucións Carreiras S.L. A Mariña-El Progreso é o xornal oficial do Campus.
Gala clausura Escola Deportiva Burela FS 2013/2014
Por outra banda, o xoves día 19 de xuño, a Escola Deportiva Burela FS celebra a súa habitual Gala de Clausura que terá lugar no Auditorio do Concello de Burela, a partir das 19.00 horas. Durante o acto proxectaranse fotografías da tempada e recoñecerase o esforzo e labor de todos/as os integrantes da base laranxa cun obsequio recordo da presente campaña.
Resultados categorías base
As categorías de base do Burela Pescados Rubén afrontan a recta final da tempada con esperanzas de levantar máis copas, nesta ocasión, na Copa Galega e na Copa da Mariña. Ata nove equipos da base laranxa están en disposición de competir polo título de campión nestas competicións que pechan a tempada.
O equipo xuvenil, afrontará a ida da final do Campionato Galego en terras herculinas ante o 5 Sala Coruña FS, mentres que o resto de equipos loitarán polas prazas de acceso ás finais da Copa da Mariña.











