Posta á venda das entradas para o Circo Romano e Duelo de Deuses do Arde Lucus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Mañá martes 3 de xuño estarán a venda as entradas para os actos do Arde Lucus, o Circo Romano e o espectáculo Duelo de Deuses, e que este ano presentan novidades. As entradas poderanse mercar a través da páxina web do Concello en www.entradas.lugo.es

Como en anos anteriores, o prezo é de 2 euros por entrada. Este novo sistema de pago a través do servidor do Concello é segura e non ten ningún cargo engadido. O que se fai é introducir os datos da tarxeta a través da TPV de Novagaliciabanco que automaticamente fai o ingreso na conta do Concello de Lugo.

Os espectáculos para os que se poñen en venda as entradas son:

Duelo de Deuses

Lugar: explanada pavillón municipal

Data: 13 de xuño

Hora: 00:00h

Circo romano

Lugar: explanada pavillón municipal

Data: 14 de xuño

Hora: 18:00h

Circo romano

Lugar: explanada pavillón municipal

Data: 15 de xuño

Hora: 18:00h

2 de xuño de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.