Posponse a excursión ás Illas Cíes prevista para o sábado por mal tempo
O Concello de Nigrán pospón a excursión ás Illas Cíes prevista para este sábado para o vindeiro domingo, 6 de xullo, por mal tempo. Os horarios de saída e chegada para a nova data son as 9.15 e as 17.30 horas respectivamente, desde o porto de Panxón.
As persoas que xa tiñan praza reservada para este sábado poderán mantela, pero deberán contactar coa Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, para a súa confirmación. Máis información no teléfono 986 36 87 34 ou a través do correo electrónico oficinaturismo@nigran.org.











