Pontevedra acollerá unha conferencia do xefe da expedición do Curiosity en Marte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Teatro Principal acolle o vindeiro 6 de agosto, a partir das 20.30 horas a conferencia “O desafío de aterrar o rover Curiosity en Marte” a cargo de Fernando Abilleira, responsábel do deseño e navegación da misión InSight.

Esta conferencia está organizada polo Concello de Pontevedra no marco do convenio que asinarán coa Universidade de Vigo, para o lanzamento dun cohete ao espazo para o control dos montes e dos caudais de auga dos ríos.

Segundo explicou César Mosquera, “dase a feliz coincidencia de que Fernando Abilleira vai visitar Lérez este verán para coñecer a súa orixe galega”. Aproveitando a súa estancia na cidade e logo de acordar a súa intervención coa NASA, para quen traballa, ofrecerá unha conferencia que terá unhas dúas horas de duración, xa que está previsto pasar imaxes da expedición.

O Concello iniciará unha campaña de difusión entre os centros de ensino e a Universidade para que todos os alumnos interesados poidan asistir a esta conferencia, que é de balde. Está pensada, especialmente, para os estudantes de Tecnoloxía en Secundaria e tamén de Telecomunicacións, entre outros.

10 de xuño de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.