Ponte Caldelas clausura o curso da escola de ximnasia rítmica cunha demostración coreográfica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Clausura da escola de ximnasia rítmica

Clausura da escola de ximnasia rítmica

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, asistiu a clausúraa do curso impartido pola Escola Deportiva de Ximnasia Rítmica desenvolvida ao longo destes meses no municipio. Este periplo pechouse cunha exhibición coreográfica, no pavillón municipal e ante os seus familiares, a cargo das alumnas, coordinadas polas súas monitoras do Club Treboada.

As nenas de moi curta idade exhibiron sobre a pista do pavillón municipal unha serie de composicións ximnásticas caracterizadas por unha gran destreza e plasticidad que foron aplaudidas en todo momento por un numeroso público concentrado nas bancadas do polideportivo.

As intervencións das nenas matriculadas nesta Escola Deportiva Municipal fóronse alternando con exhibicións realizadas por ximnastas do Club Treboada, de maior idade e experiencia, que puxeron en escena composicións ximnásticas coa cinta e outros aparellos como elementos dinamizadores da súa intervención.

Ao final da exhibición o alcalde felicitou ás alumnas desta escola deportiva e animounas a seguir practicando este deporte o próximo ano a través dun novo programa de dinamización deportiva impulsado polo Concello de Ponte Caldelas.

Tamén os familiares das ximnastas mostráronse moi satisfeitos polo resultado do curso e agradeceron ás institucións públicas a súa implicación para o bo desenvolvemento deste programa á vez que manifestaron o seu desexo de volver reeditar esta experiencia o próximo ano.

3 de xuño de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.