Poda de clareo nas árbores do parque da Compostela
A Concellería de Medio Ambiente iniciou hoxe corta de ponlas das árbores máis altas e vellas do Parque da Compostela. A actuación que está sendo realizada por unha empresa especializada consiste nunha poda de clareo co obxecto de combater o exceso de humidade que fai proliferar fungos que atacar aos árbores dende ás raíces ata as copas, e que foron a causa do secado de algúns exemplares e do desprendemento de ramas de outros.
A poda de clareo foi proposta polo encargado de Parques e Xardíns do Concello e recibiu o beneplácito da Estación Fitopatolóxica do Areeiro que ditaminou previo informe que a rotura de ponlas e o secado dalgúns exemplares debíase á presenza de dous fungos que se desenvolven en condicións de humidade alta.
A poda de rareo foi adxudicada polo Concello Podas Gallaecia, unha empresa especializada neste tipo de traballos posto que pola envergadura das árbores a tratar e a proximidade coas ramas doutros exemplares non se pode usar guindastre, senón que é preciso utilizar a técnica de trepado. A actuación custa 1.452 euros.
A poda afectará a dous grandes eucaliptos do Parque e ten como obxecto reducir a masa arbórea e minimizar o efecto pantalla do vento. Os traballos execútanos técnicos arboristas cualificados en técnicas de trepa, máis persoal de apoio en terra.
Segundo o informe do Areeiro, a podremia pola que se ven afectadas partes dalgunhas das árbores máis vellas do Parque da Compostela está causada pola acción duns fungos que están naturalmente presente no solo pero que se multiplican en condicións de humidade e calor. Trátase de Armillaria Mellea e Fhytophthora sp que, aínda que se atopan de xeito natural no solo, proliferan e se multiplican cando se someten a condicións prolongadas de calor e humidade. Os fungos atacan ás arbores penetrando neles a través da raíces para ir subindo polo tronco ata chegar ás ramas. A acción destes axentes patóxenos vai podrecendo ás árbores dende dentro e aumentando a súa fraxilidade, razón pola cal algún exemplar secou e varias ramas acabaron tronzando.











