Peche da tempada para os equipos da Escola Terra e do club Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Este pasado venres os equipos de base do club e da Escola Terra da Fundación Azkar despediron a tempada 13-14, pese a que aínda resta por disputarse o torneo de fin de tempada en Salou. Foi un día festivo, de actividade deportiva e goce para todos os alumnos, e así de 17:00 a 20:00 horas todos os nenos e nenas da Escola Terra e xogadores de categorías inferiores gozaron ao grande con varias actividades que se organizaron nas instalacións do club e da Fundación Azkar como son o Centro Deportivo Terra.

Así todos os xogadores puideron gozar de hinchables, grazas á colaboración da empresa de animación de lecer e tempo libre IG10 (www.ig10.es), e de varias actividades propostas polos seus adestradores que ao longo do ano fórmanos como xogadores e persoas.

Para pechar esta festa fin de tempada, ás 19:30 horas entregáronse os diplomas a cada un dos nenos/as os cales foron entregados polo Presidente do Azkar Lugo FS e Secretario da Fundación Azkar, Manuel Vázquez, e o xogador do primeiro equipo do club, Óscar Iglesias.

23 de xuño de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.