Ourense respalda a implantación do grao de Enoloxía
O Concello de Ourense, en representación da capital que articula un territorio que conta con catro denominacións de orixe vitivinícolas, quere amosar o seu respaldo á implantación dun grao de Enoloxía no campus ourensán, como “unha das apostas máis efectivas para garantir o desenvolvemento da provincia”. O Goberno ourensá quere expresar “todo seu o apoio institucional e político” a esta proposta.
“Ourense constitúe unha singularidade dentro do mapa enolóxico europeo”, afirma o Goberno da capital, “tanto cuantitativa como cualitativamente”, xa sexa pola presenza de catro denominacións de orixe como pola altísima calidade acadada polas mesmas. “Hoxendía”, afirma, “a presenza dos viños ourensás na parte máis alta das clasificacións de calqueira guía especializada é fácilmente comprobable”, asegura.
Esta realidade, nembargantes, non se compadece coa existencia dun elenco docente e investigador que garanta a creación dunha cultura do viño netamente ourensá e galega, que contribúa a creación e desenvolvemento de novos xeitos de enterder tanto a producción como a comercialización do viño.
Dende este punto de vista, o goberno da capital considera “imprescindible” a implantación do grao de Enoloxía, sexa a partires doutro ou de calqueira outro xeito, como aposta estratéxica para o desenvolvemento de toda a provincia, a modenización da nosa cultura do viño, a consolidación da industria vitivinícola e a fixación da poboación no rural, punto especialmente sensible en Ourense, cunha das taxas de despoboación máis altas de Europa.
“É unha contradicción inexplicable que contemos cuns dos millores viños do mundo”, afirman dende o Goberno local, “distribuidos no territorio provincial en catro denominacións, e que non saibamos usar esta realidade como panca para fixar a poboación no rural”.











