Os xardíns de Méndez Núñez na Coruña acollerán a celebración do Día do Orgullo LGTB
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa da celebración do Día do Orgullo LGTB 2014 o vindeiro sábado 28 de xuño nos xardíns de Méndez Núñez.
A programación comezará ás 22.00 horas coa presentación da gala a cargo de Vinila Von Bismark e continuará coas seguintes actuacións:
22.15-22.55 horas. DJ LICHO
23.00-23.40 horas. DJ FLASHBACK
23.45-00.45 horas. RAKEL WINCHESTER
00.50-01.50 horas. LAS GRECAS
01.55-03.00 horas. VINILA VON BISMARK
CONVOCATORIA PARA A INSTALACIÓN DUNHA BARRA DE BAR
Por outra banda, con motivo deste evento, o Concello acaba de publicar as bases que rexen a convocatoria para a autorización da instalación dunha barra de bar nos xardíns durante esa xornada.
Os interesados teñen un prazo de 10 días naturais para presentar as súas ofertas de 8.30 a 13.30 horas no Rexistro Xeral de Entrada do IMCE, na avenida da Mariña 18.
Disporán dunha parcela de 15 x 2 metros e poderán iniciar a montaxe tres días antes da data de apertura, que será o día 28 desde as 19.00 horas ata o final das actividades, momento no que procederán ao desmonte.
O adxudicatario encargarase da instalación pero tamén da decoración, iluminación e subministración eléctrica, ademais da venda dos produtos aos que estea autorizado.











