Os viños do Ribeiro preséntanse nunha experiencia enomusical no Palacio da Ópera da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Experiencia enomusical cos viños do Ribeiro

Experiencia enomusical cos viños do Ribeiro

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro organizou unha experiencia enomusical para o patronato do Palacio da Ópera de A Coruña, onde se harmonizaron un total de cinco viños con cinco pezas musicais da mitoloxía vinícola. O evento tivo lugar onte en horario vespertino no propio Palacio da Ópera, onde cinco músicos da Orquesta Sinfónica de Galicia ían tocando pezas musicais mentres dous sumilleres servían os diferentes viños ao público convidado.

Primeiramente realizouse una introdución á Denominación de Orixe da man do sumiller Luis Paadín, onde realzou a calidade e diferenciación da D.O. máis antiga de Galicia e unha das primeiras de España. Fixo un percorrido dende os seus inicios ata a actualidade dando a coñecer toda a historia da denominación.

O obxectivo principal deste evento foi o de asociar as propiedades organolépticas dos viños máis representativos dos tres vales para amosar a versatilidade da Denominación de Orixe, que dispón de viños distintos entre si aínda que teñan como base a raíña do Ribeiro, a variedade de uva Treixadura, dependendo das combinacións con outras uvas, zonas, solos, características climáticas… Así mesmo, utilizouse a música como fío condutor.

O primeiro viño catado foi un branco da colleita 2013 do val do Miño que harmonizou á perfección coa obra Wein, Weib und Gesang de Johann Strauss Junior. En segundo lugar degustouse outro viño branco da colleita 2013, nesta ocasión do val da Arnoia, conxuntamente coa peza Bacchus, de las Metamorfosis para oboe solo de Benjamin Britten. Un viño branco fermentado en barrica 2010 do val do Avia foi o elixido para acompañar a peza Chant Bachique del Acto II de Sylvia de Léo Delibes. Así mesmo tamén se harmonizou un tinto da colleita 2010 con Vivat Bacchus, de El Rapto en el Serrallo de W.A. Mozart. E por último, como broche de ouro, presentouse un Tostado do Ribeiro, colleita 2007, coa obra Églogue Bachique de Jean-Baptist Drouart de Bousset.

11 de xuño de 2014 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.