Os vilagarciáns celebrarán con 204 cachadas as noites de San Xoán e San Pedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os vilagarciáns seguen fieis á celebración da tradicional Noite de San Xoán a xulgar polo elevado número de solicitudes presentadas no Concello para realizar cachadas na máxica noite do 23 ao 24 de xuño e tamén na de San Pedro. No Rexistro Xeral de Ravella presentáronse 145 peticións de permisos, boa parte das cales inclúen a celebración de fogueiras nas dúas datas, polo que en total serán 204 as fogueiras que se prendan en Vilagarcía nesta semana . A meirande parte das cachadas celebraranse nas zonas dio rural, aínda que tamén hai peticións para o centro da vila e para a zona das praias e do Paseo Marítimo, onde a festa contará co aliciente do concerto de La Unión.

Practicamente toda a xeografía municipal contará a noite de San Xoán coa tradicional cachada, xa que as solicitudes tramitadas no Concello corresponden a todas as parroquias do municipio, tanto rurais como urbanas e tanto para facelas en lugares públicos coma privados,aínda que as fogueiras nas zonas do rural serán máis numerosas no seu conxunto. Ademais

As celebracións urbanas terán como epicentro as praias da Concha Compostela, xa que ademais das cachadas que organizarán particulares e establecementos hostaleiros da zona entre A Concha e Carril, hai que ter en conta que o Concello tamén contribuirá á celebración prendendo unha gran fogueira nas inmediacións do piñeiral da Concha. Serán 11 as cacharelas autorizadas nas praias da Concha Compostela, máis a que realizará o Concello.

Demais, 14 establecementos hostaleiros solicitaron permiso para a realización de barbacoas durante a Noite de San Xoán en diferentes zonas da vila.

Un lobishome, de París ata A Concha

O Concello de Vilagarcía pretende revitalizar a celebración da noite máis máxica do ano, a de San Xoán. Por iso, ademais da gran cachada, a praia da Concha acollerá un concerto de La Unión. Concellería de Cultura organiza esta actuación estelar na que a banda liderada por Rafa Sánchez traerá coa súa voz dende Paría ata Vilagarcía ao Lobishome que lles dou a fama a principios da década dos 80. Ademais de interpretar aquel mítico Lobo Hombre en París, a formación madrileña que este ano celebra os seus 30 anos de carreira cunha xira especial, fará un repaso a todos os seus grandes éxitos nestas tres décadas.

Por outro lado, cómpre lembrar que todas as cachadas autorizadas deben cumprir os requisitos de seguridade indicados no bando informativo sobre as celebración de San Xoán e San Pedro para evitar calquera tipo de incidente. Policía Local e efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil velarán polo normal desenvolvemento das fogueiras para que todo o mundo poida gozar desta tradicional festa.

As listas de cachadas autorizadas pode consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal.

20 de xuño de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.