Os veciños de Cedeira poderán iniciar obras menores sen esperar á aprobación da licenza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A partir dagora, os veciños e veciñas de Cedeira que se propoñan levar a cabo obras menores non estarán obrigados a solicitar primeiro a licenza á Administración local nin a soportar a conseguinte espera para comenzar os citados traballos. Esta mañá, o goberno local levaba a pleno a aprobación dunha ordenanza que regula a declaración responsable, figura que sustituirá o anterior trámite, cumprindo así a Directiva Europea 2006/123/CE do Parlamento Europeo. Deste xeito, o concelleiro de Obras e Servizos, Alfredo Vilela, explica que a veciñanza poderá comezar as actuacións unha vez presente a citada declaración responsable, co que se axiliza o proceso e se evitan demoras. Nesa declaración, o interesado deberá facer constar que se cumpre con todos os requisitos esixibles para levar a cabo as citadas obras e que se dispón da documentación que así o acredita, sen perxuízo das facultades de comprobación, control e inspeccións que teña atribuídas o Concello de Cedeira. Deste modo, o edil apunta que os veciños poderán así levar a cabo obras como a reparación e pintado de fachadas ou patios, a reforma de vivendas o locais ou o acondicionamento ou cambio de cubertas, entre outras intervencións. Nesta liña, o concelleiro valorou moi positivamente a medida aprobada esta mañá en pleno e na que o Concello leva a traballar meses, xa que despexa o camiño administrativo ao veciño e facilita o proceso, reducindo trámites e recortando tempos.

18 de xuño de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.