Os socialistas galegos recoñecen a figura clave da Transición e reclaman unha reforma da Constitución

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, fixo este luns un recoñecemento á “figura clave” da Transición e apelou hoxe a unha reforma da Constitución, que non estaría pechada a un cambio do modelo da Xefatura de Estado.

Previamente e nunha improvisada comparecencia ante a prensa na Praza Maior de Lugo, Besteiro fixo “un recoñecemento expreso e claro á figura clave da nosa Transición política, que é a figura do Rey Juan Carlos”.

Ademais, comentou que se “abre un escenario que os cidadáns españois e galegos”. “E temos que afrontalo como unha evolución en noso sentir democrático”, abundou. Dentro dese novo “escenario” o “aspecto da reforma constitucional é tempo para podelo facer agora, baixo o prisma do consenso como se articulou no 78”, considerou.

O líder dos socialistas galegos considera que, tras a abdicación do Rey, “se abre un ámbito” de reflexión e non soamente coa monarquía”. “Todos os cidadáns cren que falar da gobernanza económica, do financiamento deste estado, da organización territorial está a ser obxecto de preocupación polos cidadáns. É aí onde se debe afrontar unha reforma constitucional sensata, madura e con reflexión”, sinalou.

Así mesmo, recordou que os socialistas son “republicanos” e engadiu que “no ano 75” contribuíron “á aceptación dun modelo de monarquía parlamentaria”. “Criamos que era o mellor para o país e nese proceso de reforma, que é necesario non solo pola cuestión da xefatura do Estado senón porque moitas cousas lles preocupan aos cidadáns e o xusto é que unha sociedade non se estanque, senón que afronte eses problemas e fágao de faga dunha forma responsable e adulta”, comentou.

DEBATE

Besteiro incidiu en que non se pode nin debe “ocultar as cuestións que están a preocupar” nos últimos anos”. “Creo que é un debate e un discurso recorrente a organización territorial e estámolo a ver nestes últimos meses coa situación de Cataluña, hai un debate aberto sobre o financiamento do Estado, sobre o mantemento do Estado do Benestar, que ninguén decida por nós”, afirmou.

“Non pode decidir o PP que chegou o fin do Estado do Benestar, non o ten porqué decidir e hai cuestións como a gobernanza económica da que temos que falar, e da monarquía tamén. Iso non é unha cuestión que nos deba obsesionar e debémolo facer con prudencia e coa responsabilidade dunha sociedade adulta e madura”, sentenciou.

Recordou os 35 anos de Constitución. “Polo tanto, estamos nun tempo en que se se pode e debe de debater sobre cál é a evolución dunha sociedade democrática e mentres non chegue debe operar a Constitución, que é a norma fundamental do Estado e que se ten que aplicar hoxe”, sostivo.

“Pero non podemos pechar a porta a esa reforma e analicemos as cuestións que nos preocupan como sociedade, sen ningún tipo de prexuízo. A gobernanza económica é fundamental neste momento, a organización do territorio é fundamental e a xefatura do Estado tamén é un tema que pode estar dentro dese debate e debe de estar. Eu o que pido é que se nos trate como maiores de idade e nos comportemos como maiores de idade”, concluíu.

2 de xuño de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.