publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os rexedores de Arzúa e Santiso declinan a invitación de Medio Rural para visitar as obras da Ponte da Regada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaSantiso
A-
A+

Os alcaldes dos concellos de Arzúa e Santiso, José Luis García e Manoel Adán, non participarán na visita que a Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, realizará namañá do día de hoxe á Ponte da Regada, na estrada que une ambos municipios.

A visita está prevista para as doce do medio día e ámbolosdousrexidores declinaron a invitación efectuada dende a Consellería por entender que non procede “asistir a ningún acto que oficiosamente supón a inauguración da ponte dado o retraso co que se efectuaron as obras polas que os nososveciños e veciñastiveron que agardar case ano e medio”.

As obras de reconstrucción da Ponte da Regada, derruída polos fortestemporais de auga e vento acontecidos a finais de xaneiro do 2013, non remataron ata haiuns días cando a estrada foiaberta para a circulación de vehículos, despois de moitos meses de agarda dos veciños de ambos municipios e tras moitasxestións dos dous alcaldes na procura de que se axilizasen as obras dunha actuación moi importante e necesaria para a recuperación da normalidadena zona.

Ademais do tempo de espera, José Luis García e Manoel Adán non entenden o proceder da Deputación Provincial neste caso, cando obrigaronaosconcellos de Arzúa e Santiso a adiantar os cartos da parte que lle corresponde achegarao ente provincial (55.000 euros cada un dos concellos, que a día de hoxeaínda non se devolveu) ademais de asumir o IVE do custe das actuacións. Os rexedoresdificílmente poden entender cómo a Deputación Provincial actuoudestexeito cando éste non é o proceder habitual con outrosconcellos e máxime cando se tratabadunha actuación moiurxente que afecta a dous municipios xa que a ponte está situada na estrada que se utiliza como principal vía de comunicación e conexión entre ambos concellos, o que significaba causarlle un grave perxuizo económico e moitos trastornos aosveciños da zona.

Ambos rexedores consideran que non participar na visita programadapolaConselleira para o día de hoxe é un xesto simbólico de solidaridade con todos os veciños que se viron afectados por esta situación.

11 de xuño de 2014 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.