Os restos humanos achados en Ponteareas son analizados por un equipo especial de criminoloxía
Un equipo especial de criminoloxía desprazouse este mércores á vivenda na que na tarde do martes foron achados uns restos humanos nunha hucha conxeladora nun piso en Ponteareas (Pontevedra).
Así o sinalou este mércores, en declaracións aos medios, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, nun acto en Vigo, quen indicou que os efectivos acudiron ao terceiro piso do número 7 da Avenida Castelao para “analizar os restos e o ámbito desa vivenda”.
“É o que podo dicir nestes momentos, porque está baixo investigación xudicial e segredo de sumario”, precisou o subdelegado do Goberno.
Así, Coello sinalou que a Gardia Civil e un grupo de criminalidade efectuan as comprobacións oportunas no domicilio onde apareceron os restos.
A instrución aberta sobre estes feitos lévaa o Xulgado de Ponteareas. “Non temos máis coñecementos a día de hoxe”, indicou o subdelegado sobre o suceso, tras o que precisou que non ten coñecemento de que se produciran detencións.
Ademais, preguntado sobe se foi identificado o inquilino da vivenda, Coello indicou que descoñece “quen pode ser” e engadiu que “se están a facer indagacións “nese sentido”.











