Os participantes no taller da memoria realizan unha ruta guiada polo casco histórico de Neda
Os asistentes ao Taller de Memoria organizado polo Concello na Casa da Cultura participaron esta mañá nunha visita ao casco histórico de Neda guiada polos dous estudantes que están a completar a fase práctica do ciclo de Turismo na Administración local. Unha visita que se repetirá este mércores, 11 de xuño, aínda que nesta ocasión aberta ao público en xeral.
A través da mesma, o Concello dá a coñecer os principais recursos turísticos do casco histórico da real vila, descubrindo a arquitectura e rico patrimonio monumental da localidade. O itinerario, dunha hora de duración, cubre a distancia que separa as igrexas de Santa María e de San Nicolás. Está pensado para todas as idades e a participación no mesmo é completamente gratuíta. Os interesados en participar este mércores, deben presentarse no adro da igrexa de Santa María ás cinco da tarde.











