Os participantes no “IX Encontro coa Arte. De l´Empordà a Galicia” destacan a cultura como parte esencial do ser humano

Encontros coa arte
O alcalde de Brión, Xosé Luís García, e a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, recibiron esta mañá aos 22 artistas, 10 cataláns e 12 galegos, que participarán ata o vindeiro domingo na novena edición do “Encontro coa Arte. De l´Empordà a Galicia”. Uns pintores que están acompañados por unha delegación da localidade xerundense de Castell-Platja d’Aro, encabezada pola primeira tenente de alcalde, Dolors Guirado i Iruela, e polo concelleiro de Cultura, David Prohias i Massaguer.
O alcalde de Brión agradeceu a participación tanto dos artistas como da delegación xerundense, a quen desexou que “Brión os inspire tanto que esa soidade de la que hablaba Rosalía os haga volver en más de una ocasión. Las puertas de este ayuntamiento estarán siempre abiertas para todos vosotros”. E é que, como asegurou Xosé Luís García, “nuestra más insigne poetisa “se nos ha colado” en estos encuentros casi sin querer. Bien es cierto que cada año dedicamos la jornadas a un ilustre escritor, pero este año habíamos optado por no seleccionar a ninguno para poder centrarnos en esa relación Cataluña-Galicia. Sin embargo, Rosalía va a estar muy presente con esa sesión de pintura al natural del sábado como con el espectáculo “A miña primeira Rosalía” de hoy, un fantástico concierto basado en el Libro-CD editado por Edicións Xerais de Galicia y en el que disfrutaréis de las extraordinarias voces de Xiana Lastra, María Manuela, Mini y Mero”.
García explicoulles aos presentes que “estes encuentros nacieron con una doble finalidad: servir como punto de encuentro para que artistas de distintos lugares pudieran compartir experiencias y difundir el arte entre nuestros vecinos y vecinas, que pueden participar en estas sesiones de pintura al natural”. Unhas sesións que a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, adiantou que “serán muy provechosas pues Brión es un lugar de una gran riqueza natural” e explicoulles aos presentes que “somos pequeños en tamaño, pero grandes en cultura”.
Intercambio cultural
Pola súa banda, Dolor Guirado destacou que “el intercambio cultural es la base del hermanamiento de los puestos, pues es el espacio donde es posible la comunicación”. Ademais, dirixiuse en galego aos presentes para dicir que “este encontro é unha oportunidade maravillosa para aqueles que somos quen de emocionarnos coa arte, cunha tea, cun trazo, cunha canción, cunha palabra…”. Un punto no que coincidiu o concelleiro de Cultura de Castell-Platja d’Aro, quen asegurou que “la crisis parece haberse apoderado de todo. Pero la cultura no es algo de lujo, sino algo que forma parte del ser humano”. Así, David Prohias i Massaguer apuntou que o obxectivo destes encontros é “conocer el arte de Galicia y dar a conocer el del Empordá, ni más ni menos que compartir arte”.
Finalmente, o coordinador dos Encontros, o pintor Xosé Vázquez Castro, agradeceulle ao Concello de Brión que “siga potenciando la cultura y haya dado continuidad a este proyecto”. Nove edicións que permitiron que “Brión tenga una gran pinacoteca reunida a lo largo de estos años y que están a a la espera de nuestro tan ansiado museo del arte”.
O acto rematou cun intercambio de obsequios entre ambas Delegacións. O Concello de Brión fixo entrega dunha figura de Sargadelos, representando a San Jordi; mentres que Castell-Platja d’Aro entregou un cadro e unha boneca tradicional catalá, “La Pepa”, en representación das máis de 800 pezas das que dispoñen no “Museo de la Nina”, o museo da boneca deste municipio.
Programa
A delegación de artistas de L´Empodrá está composta por Alba Roqueta, Antonio Marqués, Antonio Rojas, Carles Bros, Emili Armengol, Isidre Vilaseca, Joan Raset, Jordi Rollán, Josep Cruañas e Lluís Roura. Pola súa banda, a delegación galega estará integrada por Beatriz Ansede, Chelo Rodríguez, Isabel Pintado, Laureano Vidal, Luís Romero, Maica Alonso, María Manuela, María Xesús Díaz, Ricardo Rilo, Veiras Manteiga, Xosé Vizoso e Xosé Vázquez Castro. Esta tarde terá lugar a primeira sesión de pintura ao natural en Ponte Maceira (Ames), de 16:30 a 19:00 horas.
Na mañá do sábado 28, os artistas trasladarán os seu lenzos ata a parroquia de Bastavales para enchelos coas cores do lugar que inspirou os famosos versos de Rosalía de Castro. Ás 21:30 horas terá lugar a inauguración da exposición “Encontro de Arte “De L’Empordá a Galicia”, una mostra colectiva de pintura a cargo dos artistas cataláns e galegos que participan no encontro.
Finalmente, o domingo 29, os obradoiros de pintura do natural trasládanse ata o Paseo do Río Pego, en Pedrouzos. Un lugar no que os pintores pasarán a mañá creando as obras que logo doarán a pinacoteca municipal para formar parte do patrimonio artístico do concello.











