publicidade hoxe

Os participantes do II Festival Internacional itinerante da música e do canto popular son recibidos por Rogelio Martínez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCenlleOurense
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu a recepción institucional aos membros das delegacións dos dez países participantes na segunda edición do Festival Internacional da canción popular, organizado pola Unión Internacional de Asociacións de folclore, do que o director do grupo ourensán Queixumes dos Pinos , José Antonio Viñas, é o seu vicepresidente. O acto desenvolveuse no balneario Caldaria de Laias, no municipio ourensán de Cenlle. Rogelio Martínez deulles a benvida aos participantes neste festival e felicitou aos seus organizadores. “O folclore é unha ferramenta extraordinaria de transmisión e intercambio de coñecementos culturais. Grazas por incluír a provincia de Ourense na vosa xira e, así, permitirnos gozar da vosa arte”, apuntou o delegado territorial.

Os países participantes neste proxecto son: Israel, Turquía, Ucraína, Romanía, Bulgaria, Bielorrusia, Arxentina, República Checa, Francia e España. Representando a España participa o grupo ourensán de folclore Queixumes dos Pinos.

24 de xuño de 2014 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.