Os nenos dos CPI Xulia Becerra Malvar decántanse polas bebidas saudables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Dous grupos de alumnos do colexio público Xulia Becerra recibiron foron polo seu traballo no concurso de carteis do Obradoiro de Bebidas Saudables, organizado polo Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias, SPAD, de Vilagarcía.

Preto de 40 nenos realizaron un traballo en equipo que consistía no deseño de carteis do obradoiro de bebidas saudables, unha colaboración anual co SPAD de Vilagarcía, a través da que se organizan actividades e programas no colexio Xulia Becerra Malvar durante todo o curso escolar. O obxectivo é previr e informar sobre o consumo de drogas e alcohol entre o alumnado. Este é o décimo ano no que o Concello de Ribadumia establece esta colaboración co Servizo de Preventivo Asistencial de Drogodependencias.

Os dez carteis ideados polos cativos foron adaptados a formato marcapáxinas e repartidos entre os alumnos. Ademais por parte do Concello tamén se lles fixo entrega dun libro do que de seguro disfrutarán neste período estival. Na entrega estivo presente a Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, que destacou a importantes labor do SPAD e dose creativa dos nenos, reflexada nos deseños realizados para a convocatoria.

18 de xuño de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.