Os mellores produtos da Ribeira Sacra invaden os Mercados de Monforte
A Praza de Abastos de Monforte acollerá esta fin de semana, días 7 e 8 de xuño, un Mercado dedicado ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra.
Un total de dez produtores, que ocuparán doce postos de venda, ofrecerán embutidos de caza e de porco celta e ibérico, queixos, xamóns, iogures, verduras, lacón, pan, bicas empanadas, conservas e roscas, todos eles produtos co selo da Ribeira Sacra.
O Mercado da Ribeira Sacra permanecerá aberto o sábado día 7 dende as 11:00 ata as 14:30 h. e de 18:00 a 21:00 h., mentres que o domingo día 4 estará aberto soamente pola mañá, de 11:00 a 14:30 h.
Os dez produtores participantes no vindeiro Mercado de produtos da Ribeira Sacra son:
-Casa Neiras: embutidos tradicionais, cachuchas, lacón, touciño entrefebrado, roxóns…
-Roscas Mª Carmen: roscas típicas de Millán.
-Caza e Ibéricos: embutidos de caza, porco ibérico e conservas.
-Bicas Adán: bicas típicas e de novos sabores, como os de froitos vermellos, gin tonic ou mojito.
-Porco celta: xamón de porco celta criado no Incio, alimentándose no exterior durante 15 meses.
-Terras de Mª Castaña: verduras, froita, plantóns…
-Delicias da terra: iogures, queixos, salchichas e produtos típicos dos Balcáns e Grecia.
-Sabores de R.Sacra: produtos da Ribeira Sacra, conservas, doces, embutidos…
-Panadería Herbella: pan, rosquillas, bicas…
-Panadería Caneda: pan, madalenas, empanadas, bicas…











