Os maiores dos centros de día de AFAL celebraron Os Maios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Maios de AFAL

Maios de AFAL

O equipo de traballadores de AFAL Ferrolterra e os usuarios dos Centros de Día Terapéuticos que a asociación xestiona en Ferrol celebraron a pasada semana Os Maios. E fixérono cun bo número de actividades para goce dos maiores. Así, as celebracións no centro da rúa Río Castro e no da Rede Pública (situado nas instalacións da antiga Casa do Mar) tiveron lugar o venres e arrincaban cos respectivos talleres de manualidades no que, demostrando a súa creatividade, os usuarios elaboraron pequenos maceteros con pétalos de flor. Non só iso, tamén confeccionaron orixinais marcos de foto coas mesmas flores.

Tras tanto traballo, equipo e maiores compartiron na mesa prostres e doces e, tras a merenda, chegaba a quenda do baile. A celebración de Os Maios enmárcase nun calendario estable de festexos que a asociación programa cada ano e que fai coincidir con datas especiais como o Nadal, o Entroido ou o Magosto.

4 de xuño de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.