Os hostaleiros de Lugo confían en poder levar o seu lixo aos puntos de recollida decretados tras a alerta sanitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugo
A-
A+
Europa Press

O presidente da Asociación Provincial de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, confía en que non se produzan problemas para que os empresarios do sector poden levar o seu lixo ao tres puntos de recollida decretados tras a alerta sanitaria, na contorna dos colexios da Aneja, os Franciscanos e a gardaría Rosalía de Castro.

    Cheché Real non disimulou que os hostaleiros da cidade están “encabuxados” coa folga na recollida da limpeza viaria de Lugo, que cumpre o seu quinto día en plena celebración do Arde Lucus.

   O responsable da asociación indicou que hai lugares onde os hostaleiros “tratan de limpar e levar o lixo a determinados puntos, como ese tres zonas onde se decretou a alerta sanitaria, co obxectivo de que poida ser retirada.

   Aínda que Real confirmou que os empresarios do sector xa contemplan que se poidan producir perdidas, non se fará unha avaliación das mesmas até avanzada a próxima semana.

   “Vai ter máis forza a festa que a folga, aínda que está contemplado que xente que puidese anular reservas en canto a aloxamento. Iso está contemplado, pero insisto vai ser máis forte o tirón da festa que a folga que é un impedimento importante”, resolveu.

14 de xuño de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.