Os clientes de Carballo elixen á tenda Deportes San Remo como o seu establecemento favorito en Máis que comercio!

Entrega do diploma ao responsable do establecemento
Os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de maio nos establecementos asociados ao CCA de Carballo, elixiron como o seu comercio favorito a tenda Deportes San Remo.
Este negocio familiar, con trinta anos de traxectoria e que está rexentado pola segunda xeración de comerciantes, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores, salientou que ademais de resaltar o traballo dos centros comerciais abertos, Máis que comercio! ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.
A iniciativa da Consellería de Economía e Industria, que en Carballo chegou a rexistrar máis de 5.100 participacións, percorrerá Galicia durante todo o ano, desenvolvéndose cada mes en cinco centros











