Os alumnos do conservatorio de Cangas levan a música a Gondomar
Alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Cangas e a Escola Municipal de Música “Mestre Inocentes Camaño” actuarán mañá mércores día 4 de xuño no Auditorio de Gondomar cos alumnos do conservatorio dese concello como parte do intercambio realizado entre ambas institucións.
Ao igual que fixeran na actuación realizada no Auditorio Municipal de Cangas o pasado 21 de maio, no concerto de mañá o Conxunto de vento madeira e a orquestra de corda dos alumnos de grao elemental do Conservatorio e da Escola de Música de Cangas e a orquestra do Conservatorio de Gondomar, formada por guitarras, clarinetes, saxos, violíns, piano e voces, interpretarán catro obras e ao remate do concerto farase unha obra conxunta coas tres agrupacións.











