publicidade hoxe

Os alumnos de Pontevedra e Rianxo farán os roteiros dos Bolechas e Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraRianxo
A-
A+

Alumnos das Doroteas do primeiro curso da educación primaria farán mañá o roteiro dos Bolechas. A saída dos 24 rapaces está programada para as 10.00 horas, desde a praza da Peregrina.

O roteiro dos Bolechas é unha iniciativa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra para dinamizar o uso da lingua galega entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta e xcursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos e pequenas farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade, con xogos e contidos adaptados ás súas características.

Pola tarde fará o roteiro Castelao un grupo de 55 alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de educación primaria, do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Rianxo. A saída será desde a praza da Ferraría, ás 16 horas. O percorrido deste roteiro inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer esta visita guiada pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de l igar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e d inamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano .

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, estas visitas poderían sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

11 de xuño de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.