Os alumnos de emprego da reserva de biosfera apuntan ao turismo e a produción artesanal para desenvolvemento empresarial da comarca
Os alumnos do programa integrado de emprego da reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo tomaron hoxe a palabra no peche do curso. Tocoulles a quenda de exposición dos seus proxectos empresariais, que foron escoitados atentamente polo presidente da reserva, José Antonio Santiso, o director da Fundación Juana de Veiga, José Manuel Andrade, así como representantes dos Concellos, como César Longo, alcalde de Paderne, Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo, ou Rodrigo López, concelleira de Oleiros.
Estes alumnos, que optaron no programa de emprego polo itinerario de emprendimiento, expuxeron as súas ideas de desenvolvemento, en base aos coñecementos e prácticas que foron realizando durante os últimos meses.
As actividades turísticas e as producións artesanais coparon os proxectos, nunha xornada celebrada na Fundación Juan de Veiga, en San Pedro de Nós, entidade que colaborou no programa de emprego. Foron 6 os presentados:
· Turismo con Alma: actividades turísticas complementarias na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, a cargo de Mar Colón e Almudena Ramos.
· Casal da Curuxa: turismo de natureza e agroecología, a cargo de Susana Moar Belo
· A Despensa das Abellas: producións apícolas , de horta e fruticultura ecolóxica, a cargo de Mar García Ponche
· Carballina: produción de porco celta, a cargo de José Antonio Álvarez Rodríguez.
· Tenda A Lareira: comercialización de produtos agroalimentarios locais e de calidade diferenciada en Betanzos, cargo de Manuel Aciñeiras Castelo.
· Eira da Pereira: obradoiro de cervexa artesanal, a cargo de Charo Candea Igrexas.
O presidente das Mariñas Coruñesas enxalzou a iniciativa e esforzo levado a cabo polos participantes no programa de emprego. Mostrouse “convencido” da idoneidade de que a Xunta de Galicia, que financia o programa, aposte por esta alternativa dada a “implicación” que logra nos alumnos, máis duradeira que os habituais obradoiros de emprego.
Santiso avanzou que a reserva xa solicitou unha nova edición do programa de emprego para o próximo ano. Confía en que a Xunta, que xa encomiou a excelencia da iniciativa da reserva, volva ofrecer o seu apoio.
As Mariñas Coruñesas mantén na xeración de actividade económica e postos de emprego aproveitando os recursos “inherentes” á comarca uno dos seus principais obxectivos, sinala o presidente.
A xornada incluíu tamén unha charla de Noela Burés, representante da asociación de Novos Empresarios da Coruña, acerca dos retos para a iniciativa emprendedora.











