publicidade hoxe

Os alumnos da escola municipal de música de Xove ofrecen un concerto no Centro Cívico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Unha das actuacións dos alumnos

Unha das actuacións dos alumnos

Hoxe, xoves 19 de xuño, os alumnos/as da E. MUNICIPAL DE MÚSICA DE XOVE ofreceron  ás 10:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico un CONCERTO MUSICAL,  como un dos actos finais do curso 2013-2014. A este concerto asistiron os máis de 190 alumnos/as e profesores do Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove.

Música de Beethoven, pezas populares galegas, irlandesas, escocesas, etc., conformaron un programa interpretado polos alumnos/as da Escola Municipal, acompañados pola Directora Xulia Nogueira e varios profesores da Escola (Iria, Manuel e Xan).

19 de xuño de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.