Os Alonso sacan peito e métense nos primeiros postos da táboa do 49er en Kiel
Kiel disputa os seus últimos días na semana olímpica alemá, unha extraordinaria xornada na que os Alonso sacaron peito e remontado postos na xeral. Os asturianos Federico e Arturo (El Gaitero) do Real Club Astur de Regatas, rexistraron dous bos resultados parciais nas tres mangas disputadas hoxe. Foron terceiros na primeira, décimo quintos na segunda, pechando o día cun primeiro na terceira.
Estes resultados os catapultan até o quinto da xeral, desde o 19 de onte luns. Os Alonso estarán na Medal Race de mañá mércores.
Doutra banda, os irmáns Paz (Deporte Galego-Dip. Pontevedra-Zhik-Cousin) do Liceo Casino de Vilagarcía, pechaban a súa participación con dous primeiros no Grupo Prata. O liderado é agora para Alemaña, da man de Heil Erik, en detrimento do británico de David Evans.
Papel destacado xogaron hoxe en Alemaña o tándem galego/cántabro formado por Támara Echegoyen e Berta Betanzos (Movistar) RCN Sanxenxo/RCM Santander, que se sitúan no bronce provisional, empatadas coa prata que defende a xermana Vitoria Jurczok. Pontevedresa e santanderina rexistraron hoxe un quinto parcial, na única proba validada no FX do 49er Feminino. A catalás Aura Miquel, do CN Arenys de Mar, e Silvia Roca, do Club Náutic L´Escala, (Sandiline-Dr. Sails-Harken), culminan no 16 da xeral. Mandan na xeral a tripulación da danesa Jena Mai Hansen.











