Os afectados instan o Parlamento galego a elevar ao Goberno de España a petición de solución política
Despois de que o Parlamento de Galicia e outras 7 Cámaras autonómicas aproben por unanimidade o seu respaldo á proposta de solución presentada por ADICAE e a Federación de Clientes de Afinsa e Forum Filatélico, a Plataforma Unitaria “Solución Forum-Afinsa” impulsada por elas reclama ao Goberno rexional a execución do acordado en sede parlamentaria.
Os deputados galegos aprobaron este 2014 por unanimidade instar o Parlamento de Galicia a solicitar ao Goberno de España “A procura dunha solución para estes pequenos aforradores, que lles permita avanzar, o máis axiña posible, cara á finalización dos seus respectivos procesos xudiciais.”, e requirirlle para “Que valore detidamente e, se o estima procedente, acepte e leve a cabo, a proposta exposta por ADICAE e a Federación de Clientes de Afinsa e Fórum Filatélico para buscar unha solución aos afectados consistente en que o Ministerio de Economía e Competitividade, a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), dirixa a quen ostentan a condición de consumidores e usuarios unha oferta de adquisición das cantidades recoñecidas como crédito nos respectivos procedementos concursais en curso. ” ADICAE e a Federación de Clientes de Afinsa e Fórum Filatélico, que a través da Plataforma Unitaria “Solución Fórum-Afinsa” aúnan os esforzos de centenares de plataformas e colectivos de afectados, reclaman agora ao Parlamento de Galicia a elevación desas peticións ao Goberno de España, segundo o texto aprobado.
Galicia, a Comunidade Valenciana, Murcia, Ceuta, Aragón, Asturias, Cantabria e hoxe mesmo Castela e León son as Comunidades Autónomas onde a proposta presentada por ADICAE e a Federación de Clientes de Afinsa e Fórum Filatélico foron xa aprobadas, mentres que nas Cortes de Canarias, Catalunya, Euskadi, Andalucía, Illas Baleares e Castela A Mancha a mesma foi presentada polos grupos parlamentarios e está pendente de votación.











