publicidade hoxe

Oleiros estreará deseño do seu portal web municipal o 1 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros estreará deseño do seu portal web municipal o próximo 1 de xullo. Os usuarios e usuarias desta plataforma informativa e administrativa gozarán dun novo aspecto que simplifica a navegación e a converte en máis intuitiva. O redeseño do portal web municipal responde á necesidade de adaptar o espazo aos canons actuais.

Deste modo, respectando a estrutura, apostouse por unha imaxe máis visual, cun maior protagonismo da imaxe, e cun cambio de cor e tipografía para facelo máis atractivo. Así mesmo introduciuse o uso de redes sociais, para xerar efectos virais e alcanzar maior difusión da información pola propia acción do usuario.

Tamén se creou unha nova canle de vídeo que permite a carga inmediata de vídeos sen necesidade e intermediarios externos ao Concello. Por último e como grandes novidades, apostouse por un menú despregable na parte superior do portal, a creación dunha axenda de eventos cunha forte carga visual e a posibilidade de continuar a navegación con links aos departamentos. Así mesmo, creouse un novo espazo específico de descarga de formularios que facilita a xestión das persoas usuarias. Os novos cambios serán visibles o próximo martes 1 de xullo a partir das 14.00 horas.

27 de xuño de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.