Oleiros celebra no xardíns das Torres de Santa Cruz a XXI edición da Romaría das Merendiñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros celebra o próximo sábado 7 de xuño a partir das 13.00 horas no xardíns das Torres de Santa Cruz a XXI edición da súa Romaría das Merendiñas. As tradicionais merendas que organizaban os veciños e veciñas de Oleiros para festexar a chegada da primavera revivirán este próximo sábado con festa que ten máis de 20 anos de antigüidade e na que se reunirán 1.200 persoas maiores do Concello de Oleiros en torno á mesa, nun entorno de compañeirismo, veciñanza e amizade.

Para participar é imprescindible presentar na porta de entrada a invitación que todos os maiores de 60 anos empadroados en Oleiros recibiron nos seus domicilios a través do correo postal nestes días. A romaría comeza ás 13:00 h, hora a partir da cal a xente poderá acceder aos xardíns das Torres de Santa Cruz, lugar onde se celebra a festa.

No suposto que por razóns climatolóxicas non se poida celebrar a festa ao aire libre trasladarase ao polideportivo Arsenio Iglesias, situado a carón co CEIP Parga Pondal e onde se vén celebrando nos últimos anos a Festa do Entroido. Os participantes poderán gozar, ademais da comida, das actuacións da Banda da Escola Municipal de Música e da orquestra Os Senadores. O programa é o seguinte:

12:45 h Apertura das portas de acceso

13:00 h Actuación da Banda da Escola Municipal de Música

14:30 h Comida

16:30 h Actuación da Orquestra Os Senadores

20:00 h Fin da festa

Resaltar o feito de que na organización desta festa participan voluntariamente máis de 100 homes e mulleres de todas as idades de todo o tecido asociativo do Concello de Oleiros, que colaboran activamente e fan posible que a Romaría das Merendiñas sexa unha festa distinta a todas cantas hai no contorno.

Para facilitar o acceso de todas as persoas participantes haberá tres autobuses que percorrerán todas as localidades de Oleiros desde as 12:30 da mañá. O percorrido dos autobuses inícianse todos ás 12:30 horas:

1.Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda: Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo, Aba, A Torre, igrexa de Dexo, A Escola, Broño, A Igrexa, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo

2. Perillo, Montrove: Centro Cultural, Solana, Lucín, Beiramar, Che Guevara (adegas de viño), Parador

3. Oleiros, Iñas, Nos: As Torres(parada de bus), A Cova, Campamento (parada de bus Betanzos), Arenaza (cruzamento entrada urbanización), O Piñeiro, Os Vilares, a Chasqueira, Vilanova, casa do pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (policía municipal)

5 de xuño de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.