publicidade hoxe

Oleiros adquire a totalidade da finca Tenreiro en Nós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou que o Concello acordou a adquisición definitiva do conxunto da coñecida como finca Tenreiro, un terreo amurallado de 30.000 metros cadrados e que conta con fermosas árbores centenarias situada na parroquia de Nós. Parte desta finca, ao redor de 11.000 metros cadrados xa era de propiedade municipal. De feito o Goberno local adquiriu hai anos esa parte do terreo para situar o novo colexio do municipio que na actualidade se está a construír neste lugar.

Con esta nova adquisición, o Goberno local suma outros 20.000 metros cadrados que serán destinados a parque público. Segundo indicou o propio García Seoane, o acordo coa fundación propietaria do terreo alcanzouse a cambio dunha cantidade en efectivo, ao redor dos 86.000 euros, e 4 parcelas urbanas de solo edificable que suman un total de 1.000 metros cadrados situadas en Canide.

O Goberno local consegue deste xeito a creación dun gran parque público no corazón do centro urbano dun dos núcleos máis representativos da parroquia de Nós. O alcalde mostrouse moi satisfeito por alcanzar este acordo. Por un lado sinalou que esta operación é un claro reflexo da actividade do Goberno local e un exemplo de xestión. «Co paso do tempo fomos conseguindo un patrimonio inmenso para Oleiros a través da xestión honesta do urbanismo», asegurou.

sí mesmo, o rexedor congratulouse de que «deste xeito, e en certo modo, cúmprese o desexo da antiga propietario que legou esta propiedade no pasado século para a comunidade co obxecto de que fose utilizada polos fillos e fillas de nais solteiras», concluíu.

27 de xuño de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.