publicidade hoxe

Oferta de actividades de verán en Zas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaZas
A-
A+

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

ZAS: no Centro Sociocultural (981 751 398)

BAIO: no Centro Sociocultural (981 718 056)

Horario: de luns a venres de 9:30h a 14h

Prazo: A partires do LUNS, 23 de XUÑO

*É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio

*As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada

* As persoas non empadroadas participarán sempre e cando non se cubran as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas

FESTA INFANTIL

Descrición da actividade: Circuíto de quads, pista americana, diversos inchables, tobogáns acuáticos na piscina, touro mecánico, obradoiros, festa da espuma, xogos tradicionais, tiro con arco… merendaremos coa campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” da Consellería do Medio Rural e do Mar, e moito máis…

Observacións: É necesario traer o bañador para as actividades acuáticas

Destinatarios/as: Nenos e nenas de tódalas idades do Concello de Zas

Lugar onde se realiza: Campo de fútbol e piscina municipal de Zas

Horario: 16h a 20h

Data: Sábado, 21 de xuño

Nº de prazas: Sen límite

Prezo: De balde

CURSO DE PREPARACIÓN DO GRADUADO EN ESO

Destinatarios/as: Persoas adultas

Lugar onde se realiza: Centro sociocultural de Zas

Días: Martes, mércores e sábados

Datas estimadas: De xuño a setembro

Prezo: Consultar

Información e inscricións: No Concello (Isabel) ou no 981.708.303

III RUTA BTT (coa colaboración do Clube Ciclista Kebrakostas e da Asociación Veciñal Barolo)

Descrición da actividade: ruta libre e non federada de 42 km. Haberá dúchas, lavado de bicicletas, 2 avituallamentos, xantar, trofeos e moito máis.

Data: Domingo, 29 de xuño

Prezo: 10€

Inscricións e información: www.kebrakostas.com

CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA E MECANOGRAFÍA

Destinatarios/as: Nenos/as de 1º e 2º ciclo de Primaria

Horarios: Luns, mércores e venres de 10h a 11:30h (Zas) e de 12h a 13:30h(Baio). Do 30 de xuño ao 18 de xullo, agás o 11 en Baio e o 16 en Zas

Prazas: 15 por localidade

Prezo: 10€

Inscricións: Ata o 27 de xuño

DIVERVERÁN

Descrición da actividade: Xogos, dinámicas, obradoiros, etc… para os/as máis pequenos/as

Destinatarios/as: De 4 a 12 anos

Lugar onde se realiza: Centros socioculturais de Baio e Zas

Horario: de 10h a 13h

Datas: 1, 2, 3, e 4 de xullo (Baio) e 7, 8, 9 e 11 de xullo (Zas)

Nº de prazas: 30 por localidade

Prezo: 3€ empadroados/as e 5€ non empadroados/as

Inscricións: Ata o 30 de xuño (Baio) e ata o 4 de xullo (Zas)

CURSO DE PIRAGÜÍSMO

Observacións:É obrigatorio saber nadar. Imparte CDM Piragüísmo Dumbría

Destinatarios/as: Maiores de 8 anos e persoas adultas

Horario e lugar: Concretarase nunha xuntanza coas persoas interesadas.

Datas: 2 días á semana enxullo, con posibilidade de ampliar a agosto

Nº de prazas: Limitadas. Mínimo 8

Prezo: 25€ e 10€ da licenza empadroados/as e non empadroados/as

Inscricións: Ata o 30 de xuño 

CURSOS DE NATACIÓN

Destinatarios/as: Tódalas idades

Lugar onde se realiza: Piscinas municipais de Zas e Baio

Horario: A concretar cos monitores/as

Datas: Xullo e Agosto

Prezo: Os cursos son de balde, pero será obrigatorio ter o carné da piscina

Inscricións: No Concello

CURSO DE TIRO CON ARCO

Destinatarios/as: Maiores de 8 anos e persoas adultas

Lugar onde se realiza: Campo de fútbol de Zas

Horario: De 11h a 13:30h

Datas: sábados 5 e 19 de xullo

Nº de prazas: Limitadas

Prezo: De balde

Inscricións: Ata o 4 de xullo

CAMPAMENTO en Naturmaz (3 días)

Observacións:É necesario levar saco de durmir.

Descrición da actividade: Inclúe aloxamento en albergue, comidas e actividades: tirolesa, escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel, tiro con arco, piragüísmo, sendeirismo con orientación, actividade con cabalos, manta raia, xogos, veladas e moito máis.

Destinatarios/as: De 7 a 14 anos

Datas: 21, 22 e 23 de xullo

Nº de prazas: 30

Prezo: 40€ empadroados/as e 92€ non empadroados/as

Inscricións: Ata o 18 de xullo

X CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS

Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en moto clásica. Haberá agasallos entre os/as participantes despois do xantar, en Zas.

Lugar: Saída de Baio. Cruce de Laxe (Avda. Xeneral Vidal Ríos)

Hora: 9:30h

Ruta: Baio – Malpica – Punta Nariga – Barizo – Brántuas – Valarés – Zas

Data: Domingo, 27 de xullo

Prezo: 5€ condutor/a e 5€ acompañante, que se ingresarán no nº de conta: ES85 0238 8208 87 0702002526 indicando a/as persoa/s que fan o ingreso. Quen non o faga antes do 23 de xullo non terá dereito ao xantar reservado no restaurante.

Inscricións: Ata o 23 de xullo no Concello, 698 178 654 ou  no 619 376 793

SEMANA CULTURAL

Descrición da actividade: Teatro, música, obradoiros, exposicións, artesanía, concertos,etc

Datas: Do 27 de xullo ao 3 de agosto

OS VENRES A PÉ

Descrición da actividade: rutas de sendeirismo, de balde, para os/as máis novos/as polo Concello de Zas.

Destinatarios/as: Maiores de 7 anos

Observacións: Roupa e calzado cómodo, crema solar. A auga e a comida vai por conta dos/as participantes.

Datas: 8, 22 e 29 de agosto

Inscricións: Ata o día anterior á realización da ruta

Saída: Praza do Concello ás 10h.

DÍA DA BICI

Descrición da actividade: Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar de convivencia

Observacións: É obrigatorio o uso de casco

Destinatarios/as: Maiores de 6 anos

Horario: Saída da praza do Concello ás10h.

Data: Domingo,10 de agosto

Nº de prazas: Sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición

Prezo: De balde

Inscricións: Ata o 14 de agosto

EXCURSIÓN AQUAPARK DE CERCEDA

Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Non é necesario o gorro de piscina

Destinatarios/as: De 8 a 16 anos

Lugar onde se realiza: Aquapark en Cerceda

Horario de saída: 10h (Zas) e 10:15h (Baio)

Horario de chegada: 20h aprox.

Data: luns, 11 de agosto

Nº de prazas: 100, segundo orde de inscrición

Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as

Inscricións: Ata o 7 de agosto

CURSO DE SURF, BODYBOARD E ACTIVIDADES ACUÁTICAS

Observacións: Deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Impartido por Namarea Surf

Destinatarios/as: Maiores de 10 anos e persoas adultas

Lugar onde se realiza: praia a determinar en función da meteoroloxía

Horario de saída: Saída da praza do Concello ás9.30h.

Horario de chegada: 20h aprox.

Data: Mércores, 13 de agosto

Nº de prazas: Mínimo 25, Máximo 50

Prezo: 25€ empadroados/as e 30€ non empadroados/as, que inclúe o material necesario para o desenvolvemento da actividade

Inscricións: Ata o 12 de agosto

ZASPATEANDO. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

Descrición da actividade: Levaranse a cabo roteiros interpretativos e outros xogos dende unha perspectiva respectuosa co medioambiente

Destinatarios/as: De 4 a 12 anos

Lugar onde se realiza: Centros Socioculturais de Baio e Zas

Horario: 10h a 13h

Datas:  18 e 19 de agosto (Zas) e 20 e 21 (Baio)

Inscricións: Ata o 15 de agosto en Zas e ata o 19 de agosto en Baio

Nº de prazas: 30 por localidade

Prezo: 3€ empadroados/as e 5€ non empadroados/as

XXVII TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE ZAS

Datas: Agosto

18 de xuño de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.