Ocio, divertimento e formación no Divertrives
O alcalde de Trives, Francisco José Fernández, presentou hoxe unha nova edición de Divertrives 2014. Trátase da renovada proposta de ocio e tempo libre para o verán impulsada polo Concello para os nenos e nenas nacidos entre o ano 2001 até o 2010.
Divertrives comenza a desenvolverse o próximo 1 de xullo e prolongarase até o 29 de agosto. Os participantes, que deberán inscribirse na Biblioteca Municipal, poderán participar en numerosas actividades que pretenden ofrecer alternativas tempo libre dos máis pequenos con propostas saúdables, de esparcemento e formativas.
Segundo os plans elaborados polos técnicos da Concellería de Deportes e Xuventude as diferentes actividades encadenaranse dende as 10.30 horas ata as 13:30 horas. O punto de concentración será todos os días no patio do Colexio Público Manuel Bermúdez Couso.
Tanto o alcalde de Trives, Francisco José Fernández, como a concelleira de Xuventude, Marta Domínguez, resaltaron o esforzo realizado para dar continuidade a este proxecto. A concelleira subliñou a gran variedade de propostas como deportes, manualidades, obradoiros, talleres de teatro e saídas ata a Estación de Cabeza de Manzaneda ou ao Parque Aventura As Maceiras.
A programación marca dúas activiades fixas. Cada semana haberá dous días de piscina e un día de senderismo. Todas cada unha das actividades agrúpanse en propostas temáticas: música, teatro, astronomía, xornalismo, etcétera; xirando as actividades en torno á temática da semana. Todas e cada unha das actuacións estarán monitorizadas.
A concelleira de Xuventude, Marta Domínguez, entende que “se trata de satisfacer a demanda de todos os nenos e nenas cun amplo abano de propostas para que todos encontren un lugar para pasar o verán da mellor maneira posible”.