O xuvenil do Azkar Lugo deu a cara na Copa de España pese á súa eliminación en semifinais
Era a primeira vez que o equipo xuvenil do Azkar Lugo chegaba á fase final da Copa de España da categoría. E é que ese sitio está reservado para os grandes equipos e o Azkar este ano demostrouno cun doblete en Galicia, gañando a Copa e liga, e chegando ata esta fase final da Copa de España na que caeu coa cabeza ben alta tras competir realmente ben, pese a acabar cedendo ante a UD Las Rozas Boadilla (3-1).
Partido intenso desde o principio aínda que con dous equipos algo imprecisos e quizais amosándose moito respecto. Quizais por estar afeito a xogar máis veces esta fase final do torneo estatal, a UD Las Rozas Boadilla levou o mando do partido nunha boa parte do primeiro acto e iso levoulle a xerar moito perigo sobre a meta dun seguro Nacho. Iso levou aos madrileños a mandar no luminoso pola mínima, 1-0, aínda que antes do descanso o Azkar Lugo xa reaccionara e demostrara que no segundo periodo ía dar moita guerra.
Nese segundo acto durante varios minutos os lucenses foron mellores. Pronto chegaría o 2-0 para os madrileños, pero o Azkar desfaríase dos nervios dos primeiros vinte minutos e cunha defensa atrevida chegaba á meta rival obrigando ao porteiro da Unión a salvar aos seus do empate. E iso permitiu antes da media hora de partido que o Azkar Lugo reducise diferenzas co 2-1. Entón os de Ángel Pérez créronllo e acabaron por atacar moitísimo criterio e perigo a meta dos madrileños. O empate non chegaba e iso fixo recorrer á figura de Álex Diz como porteiro-xogador o que mantivo aos pronistas ata o pitido final con opcións de empatar. Pero ese ansiado gol para irse á prórroga non chegou e si a sentenza dos madrileños que cun lanzamento de dobre penalti a sete segundos do final establecían o definitivo 3-1.
Ficha técnica:
UD Las Rozas Boadilla 3: Bob, Álvaro, Pablo, Pichi e Javivi, -cinco inicial-, Diego, Gorroño, Boris, Miguel, Chicho, Jorge e Raúl.
Azkar Lugo 1: Nacho, Asier, José, Álex Diz e Adrián, -cinco inicial-, Costoya, Porto, Álvaro e Rubén Mouriz.
Incidencias: semifinal da Copa de España xuvenil. Pavillón Municipal de Pinseque.
Árbitros: Gonzalo Alonso e Greppi Berges (Aragón).
Goles: 1-0 min. 14 Asier (propia porta), 2-0 min. 23 Pablo, 2-1 min. 29 Asier e 3-1 min. 39 Pablo (dobre penalti).
FASE FINAL COPA DE ESPAÑA
Pavillón Municipal de Pinseque:
FC Barcelona 5 – Levante UD 1
UD Las Rozas Boadilla 3 – Azkar Lugo 1
FINAL: FC Barcelona 8 – UD Las Rozas Boadilla 1











