O xurado da Feira da Tapa de Cangas evalúa as propostas dos 43 establecementos participantes

Reunión do xurado
Esta mañá o xurado da cuarta edición da Feria da Tapa, composto pola concelleira de Turismo Berta Pérez, a integrante do programa “Larpeiros” Merchi Rodal, e os xornalistas Gonzalo Martínez e Cecilia Martínez puideron catar e valorar as diferentes tapas presentadas polos 43 establecementos hostaleiros participantes no certame.
Esta é a primeira vez que se realiza unha cata oficial das tapas, coa finalidade de facilitar a labor do xurado, que dará a coñecer o nome dos establecementos premiados unha vez conclúa a Feria.
Baixo o lema “Cangas sabe ben” a Feria da Tapa arrancará o vindeiro xoves día 26 de xuño. A partir de entón os usuarios poderán desfrutar das diferentes propostas gastronómicas ofertadas polos locais, no horario que estes dispoñan por un prezo de 1.50 euros.
As tapas que cada un dos locais presenta nesta cuarta edición do certame son as seguintes: o Bule Bule presenta “Xtalupa”, a Taberna Galega Pan de Millo “Xurelo Surfeiro”, o Cangaceiro “Strognof Ternera Gallega”, a Tapería Luscofusco “Tosta Cusco”, o Café Bar Alameda “Tarleta de cangrexo con melocotón”, o Restaurante Tía Brígida “Martiño de Primavera”, a Tienda Degustación Artemar “Crujiente de Millo con Caviar de Berengena y Cávalla Ahumada”, o Bar Retrama “Pastel de Boletus con Miel y Frutos Secos”, a Tapería Aliño “Tosta de Pulpo con Tetilla”, La Vie en Rose “Tinta de Mar”, a Taberna Dos Chata “Filloa Agridulce”, a Taberna O Rincón “Empanadillas da Avoa Carme”, a Tapería O`Batel “Delicias de Queso y Confitura de Tomate”, a Tapería O´Pelao “Tosta de Lacón O Pélao”, a Tapería O Faro “Solombo de Porco con Grelos Confitados e Mollo de Ostras”, O Galo da Loli “O Antoxo do Galo”, Café Van Dyck “Mini Tabla de Ibéricos Salmantinos”, Plantaciones de Origen “Tosta de Solomillo Agridulce”, Taberna O Arco “Calamar en tempura sobre tosta de paté mariñeiro e pemento asado”, Tapería o Portujés “Delicias del Mar”, Bocados “Bocados de Salmorejo”, Kactus “Pechuga a la Crema”, Restaurante O Gatañal “Milhojas de Presa Ibérica”, Bar Alocubano “Pollo Alocubano”, O Rincón de Moe “Especial Moe”, La Guagua “Tosta Especial Guagua”, Restaurante Sol Poniente “Lacón a la plancha con huevo y queso”, Salasón “Vitelson”, Restaurante Casa Macillos “Vieira Salteada al Alvariño”, Taberna Guimeráns “Bonito en Salsa de Tomate”, Taberna Andaluza El Jabuguito “Nao Santa María”, Restaurante La Curva “Vieira O Tombiño”, Bar Ambigu “Salmorejo Ambigu”, Restaurante El Cortijo “Mini Hamburguesa con Salsa El Cortijo”, Taperia A Meiga “El Sabor del Color”, Marinus Taperia “Cupcacke de Bacon, Crema de Queixo e Salmón”, Casa Porrón “Carrerilla Ibérica” , Restaurante Placa “Tatami de Atún Perfumado con Lingoxos”, Taperia El Escorado “Salpicón de la Abola”, Taparía Aruba “Festival Aruba”, La Creperia “Kushiages de Langostino”, A Tesela do Mercado “Rincha Escabechada sobre Tosta do Pais”.
Os representantes dos establecementos presentaron ante o xurado as súas tapas acompañadas dunha breve explicación sobre as mesmas.
Dende hoxe xa está a disposición do público o folleto explicativo da Feria da Tapa, no que se inclúe o nome dos 43 participantes coa súa respectiva proposta e horario. Pódese atopar nos diferentes establecementos hostaleiros así coma na Oficina Municipal de Turismo.











