O Tyde FC Alevín de Tui viaxará a Versmold para disputar o Torneo U11 Champions Cup
O próximo luns 16 de xuño, ás 19.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a recepción aos xogadores alevíns e corpo técnico do Tyde FC, que nos próximos días 20, 21 e 22 de xuño, viaxarán a Versmold onde disputarán o Torneo U11 Champions Cup, grazas á invitación do club local polo irmamento coa nosa cidade.
Nesta recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, concelleiros de Tui, así como o presidente do Tyde FC, Jesús López, o coordinador da escola deportiva do Tyde FC, José Manuel Quintana, así como os xogadores do equipo alevín.











