O tudense Rubén Rodríguez é favorito para a proba de BIG RIDE en Pireneos
O municipio oscense de Castejón de Sos acolle este fin de semana a penúltima proba de BIG RIDE, o Open de España de enduro BTT. Entre os 260 corredores que tomarán a saída, atópanse varios galegos con opcións, como Rubén Rodríguez ou o vigués Tony Pérez.
O rider da cidade olívica é un dos que posiblemente vexamos nos postos máis altos da clasificación, tras a mellora do seu rendemento físico e as boas sensacións coas que quedou tras a pasada proba de Tui.
Rubén Rodríguez pola súa banda, é nestes momentos o líder da xeral tras o seu segundo posto na proba de casa. Si consegue facer un bo tempo mañá en Pireneos, será o claro favorito a proclamarse gañador do Open, a falta de que se dispute a última proba de BIG RIDE, en Cercedilla, na serra de Madrid.
O val de Benasque, en Pireneos, é por primeira vez sede de BIG RIDE, unha competición que está considerada top tanto a nivel nacional como internacional, na que se dan cita os mellores corredores de enduro do momento. A proba pirenaica desenvolverase na zona turística para a práctica do mountain bike por excelencia, e do enduro en particular, unha localización con moita proxección en BTT nestes momentos.
Ao longo do día de hoxe están a ter lugar os adestramentos libres nos que os corredores poden facer recoñecementos dos tramos e calcular os tempos para a proba definitiva. Espérase que ao longo do día os 260 corredores que tomarán a saída achéguense á montaña pirenaica para coñecer de primeira man os lugares polos que trascurrirá a competición.
Esta terceira proba de BIG RIDE será quizais a máis disputada de todo o campionato. Realizaranse un total de 33 quilómetros de percorrido con 3 tramos cronometrados, un deles o máis longo do catro probas do Open cun total de 5 km. Nesta proba, na que se mesturarán o esforzo físico e a técnica, se ha conseguide un desnivel acumulado de 1.650 metros e as condicións son bastante diferentes ao resto das probas da Península.











