publicidade hoxe

O trío de jazz Sumrrá ofrecerá un concerto dentro do ciclo Música nos Tilos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTeo
A-
A+

O ciclo Música nos Tilos continúa mañá venres 13 co concerto do trío Sumrrá. Esta formación está integrada por Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido e mañá poderase escoitar na Casa Común dos Tilos dende as 22:30 horas. A entrada é de balde.

Sumrrá fórmase no 2000 e nestes catorce anos ademais de centos de concertos e varias xiras internacionais teñen 4 discos editados. Traballan neste momento no que será o seu quinto traballo discográfico. A crítica destaca a orixinalidade das súas composicións e o virtuosismo dos seus integrantes así como a frescura do seu directo.

A semana pasada abría este ciclo a cantante cubana Jamila Purofilin. Música nos Tilos é unha iniciativa da Concellaría de Cultura de Teo que naceu hai cinco anos e neste momento xa está consolidado. Oferta concertos de calidade os venres do mes de xuño nun espazo pequeno e coidado como é a Casa Común dos Tilos, un escenario no que se presentan directos cercanos.

Na edición deste 2014 aínda quedan dous concertos, o 20 de xuño ás 22:30 horas contaremos con Miguel Flores Trío e o 27 de xuño á mesma hora pecha o ciclo Trim.

12 de xuño de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.